Queremos que os nosos clientes poidan adaptarse ás esixencias dun entorno empresarial cambiante e dinámico, cun mercado cada vez máis especializado e onde unha rápida comprensión da información pode decidir o éxito dun negocio.
Co fin de responder á demanda cada vez máis importante no sector da tradución e da interpretación, en Arnela contamos cun departamento especializado que ofrece todo tipo de servizos de tradución, redacción e corrección de textos, así como dun servizo integral de interpretación.
Ofrecémoslle unha completa gama de servizos lingüísticos e a solución total ás súas necesidades na área da comunicación. O noso principal obxectivo é satisfacer as necesidades de institucións, empresas e individuos que busquen un traballo ben feito, rápido, eficaz e confidencial.
|