Aos nosos cursos de informática asisten nenos e nenas de todas as idades, xente nova e adultos con inquietudes de aprender. O noso método adáptase aos coñecementos iniciais dos alumnos e permite desde a familiarización cos programas máis básicos como Word, Excel, Power Point ou Corel ata os máis específicos, sen esquecer, por suposto, a Internet.
Estas clases tamén se orientan a unha rápida aplicación para aqueles que necesiten contar con ferramentas informáticas indispensables no ámbito laboral.
|