Os nosos servizos de interpretación abranguen as modalidades da interpretación consecutiva e de enlace.
A primeira utilízase en situacións formais e consiste en que o orador fale entre 5 e 10 minutos, durante os que o intérprete toma notas. Seguidamente, o intérprete traduce baseándose nas notas anteriores. Esta modalidade é habitual en negociacións, presentacións de programas ou proxectos, roldas de prensa, etc.
O intérprete de enlace acompaña a unha persoa ou grupo de persoas que necesitan comunicarse nun idioma distinto do seu. O contexto é informal, as interrupcións do discurso son constantes e non é necesario tomar notas. Algúns exemplos son as reunións comerciais nas feiras ou exposicións.
Traballamos para vostede no noso país e no estranxeiro.
|